Entorno

IMG-20170601-WA0001

TERMAS DE PREXIGUEIRO

Un luxo asiático.
É un cúmulo de sensacións agradables. Dentro dunha paraxe de gran beleza están oito piscinas naturales de auga termal cuxa calidade e temperatura trasladan a un mundo de benestar e relaxación. Unha experiencia que non se pode deixar escapar.

Lugar de Prexigueiro – Ribadavia | 988 47 09 50 |
www.termasprexigueiro.com | 1h30 | 5,50€ |
Abierto: de Martes a Domingo | Lunes cerrado

Ponte do Burgo Ribadavia

CONXUNTO HISTÓRICO DE RIBADAVIA

Ribadavia é unha vila chea de tradicións e encanto, o seu conxunto histórico está cargado de lembranzas, de vellas historias e personaxes entrañables que ó longo do tempo perfilaron un espazo monumental e natural singular. A vila das 8 igrexas, o barrio xudeu e o seu Castelo lémbrannos a bonanza económica que durante o medievo viviu a zona. Recoméndase o paseo fluvial partindo da Ponte de San Francisco ata o río Miño, 1 km entre pontes, muiños, insuas e caneiros. O camiño sigue polo Valparaiso ata a fermosa igrexa de San Xés de Francelos do s.VIII-IX.

Visitas guiadas

A Ribadavia Sefardí
Reserva en tel. 604 005 631 Lugar: Ribadavia Duración:1h 30m Idiomas: Castellano, gallego e inglés
Descubra el barrio Judío de Ribadavia con un guía local. Conozca los secretos de la villa, su tradición vitivinícola, su repostería Hebrea y déjese llevar por sus rincones. Esta visita guiada, con una duración de una hora y media, es ideal para entender mejor la historia de Ribadavia y empezar a conocer la comarca.


Cóntame Ribadavia
Oficina de Turismo | 988 471 275 | 3 € | 1 h. Visita audioguíada
De la mano del trovador Pero Meogo conocerás la historia y los rincones secretos de Ribadavia de forma amena y divertida.

Ribadavia cos sentidos
Reserva en tel. 675 558 545 | 10€ | 1h30
Un sorprendente espectáculo de piedra. Visita guiada a pazos, iglesias y monumentos del conjunto histórico: viendo, sintiendo, tocando, escuchando…

Museo Viño

MUSEO DO VIÑO DE GALICIA

Sen lugar a dúbidas o máis importante museo galego sobre a temática e historia do viño en Galicia. O edificio é un formidable conxunto monumental, de singular relevancia e particular significado. A súa arquitectura dende tempos antigos estivo ao servizo da elaboración, o almacenamento e a distribución de viño cara a Compostela.

Santo André de Camporrendondo s/n 32415 Ribadavia
museovinogalicia.xunta.gal
Abierto: de Jueves a Domingo Tlf. (+34) 988783075
[email protected]

castelo entrada

CASTELO DOS CONDES DE RIBADAVIA

Castelo dos Condes de Ribadavia
Unha visita imprescindible. Coñecer a fortaleza de Ribadavia, a sua historia e os restos atopados no seu interior.
Entrada e tickets: Oficina de Turismo-Praza Maior, 7 / Tel. 988 471 275 / Prezo: 3,5 €
Horarios: Aberto todo o ano a través da oficina de turismo. Consultar horario según temporada.

Museo Etnolóxico de Ribadavia
A sede do museo é a antiga casa-Pazo do marqués de Bahamonde (Baamonde), pertencente á nobreza recente de orixe burguesa que nace no XIX. As orixes deste pazo poderían remontarse ao século XVI aínda que sufriu diferentes modificacións ao longo dos séculos.
Entrada: Pazo dos Baamonde – Rúa Santiago, 18 | 988 788 720 | Gratis / Aberto de martes a sábado:  de 10:00 h a 20:00 h – luns, domingos e festivos: pechado

Pozas melon003

POZAS DE MELÓN

Fermoso espazo natural formado polo río Cerves que durante o seu percorrido vai deixando unha serie de fervenzas e pozas de augas claras formadas pola erosión a longo de miles de anos.

Recoméndase deixar o coche no aparcadoiro e iniciar a pé un percorrido pola senda que vai de poza en poza ata a aldea do Tourón.
Inicio na localidade de Melón. A 7 km de Ribadavia.

viñedos Sta María de Castrelo

ALDEAS HISTÓRICAS DO VIÑO

Ponte San Clodio-Barzamedelle / Pazos de Arenteiro / Berán / Beade / A Ponte Arnoia / Sta María de Castrelo de Miño.
Conxuntos históricos declarados BIC formado por un entramado de rúas e pazos que nos mergullan na idade media e nos s. XVI e XVII, onde a fidalguía e a nobreza galega se adicaron ao cultivo da vide.

Valparaiso

MEANDROS DO RÍO MIÑO

Recorrido en coche desde Ribadavia a Cortegada pasando por aldeas e lugares de gran beleza, onde o río Miño vai debuxando unha paisaxe frondosa nun percorrido serpenteante que nos mergulla na Galicia máxica de postal.

Percorrido:
Ribadavia – Arnoia (visitar igrexa e priorato) – Meréns (visitar escudo máis grande de Galicia no pazo dos Puga) – Cortegada (balneario histórico – mirador Coto da Pena) – Filgueira – Prexigueiro (disfrutar das Termas de Prexigueiro) – Francelos (visitar San Xés s.VIII-IX).

castros-san-cibrao-de-las

CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS

Un castro excepcional a tan só 20 minutos de Ribadavia. San Cibrao de Las, tamén coñecido como A Cidade, é un dos castros senlleiros da cultura castrexa; unha cultura que lle confire ao noroeste peninsular personalidade propia dende fai máis de 2500 anos.

Este castro chama a atención e impresiona a calquera que o ven visitar, trátase dun dos máis grandes da Península Ibérica e destaca pola sua monumentalidade.

Horarios
Horario de apertura: de 10:00 a 18:00 horas (consultar temporada), de martes a domingo. Tarifa: Xeral 5€ Reducida: 3€ Servizo de visitas guiadas baixo reserva previa no 988 788 856 ou en [email protected]

o banco do Piñeiro Manso

MIRADOR DA FRANQUEIRÁN – O Piñeiro Manso

Sen lugar a dúbidas un dos miradores máis fermosos de Galicia, unha gran vista sobre o descurrir do río Miño e Avia a altura de Ribadavia onde se pode ver o Valparaiso, unha panorámica que nos permite albiscar dende Ourense ata Portugal.

Acceso:
Estrada Ribadavia- A Franqueirán ( Monte Comunal – Banco do Piñeiro Manso)

mosteiro de melón

OS MOSTEIROS DO RIBEIRO:
SAN CLODIO, MELÓN E OSEIRA.

Son os grandes mosteiros vitícolas de Galicia, foron señores de amplas terras nos ribeiros de Avia e Miño, coas suas granxas de explotación vitivinícola levaron a este territorio a estar considerado unha das principais zonas vitivinícolas do mundo entre os s.IX e XIX.

Mosteiro de Santa María de San Clodio:
Lugar de San Clodio – Leiro – visita interior claustros e igrexa (consultar no establecemento hoteleiro que acolle). Tel. 988 48 56 01 /988 48 80 00

Mosteiro de Santa María de Melón:
Praza do Mosteiro- Melón – Acceso patio da portería – (visita igrexa románica cisterciense – preguntar no concello). Tel. 988 48 16 20

Mosteiro de Santa María a Real de Oseira:
Oseira – San Cristovo de Cea (Ourense) – Visitas guiadas a las 10:30 -12 – 15:30 – 16:30 y 17:30 h – prezo individual: 3 € Tel. 988 28 20 04